
NOVAS:
Ábrese a VIII Convocatoria ‘Cultura Accesible e Inclusiva 2023-2024’

Esta convocatoria pública en réxime de concorrencia competititva está dirixida a apoiar a entidades que favorezan o acceso igualitario e inclusivo á cultura.
O proxecto da Fundación Emalcsa está desenvolto en colaboración coas entidades culturais xunto coas entidades de persoas con discapacidade que presenten proxectos específicos que teñan algunha das seguintes finalidades:
• Aumentar a accesibilidade a lugares físicos ou virtuais onde se ofrezan representacións ou servizos culturais tales como teatros, useos, cines, bibliotecas, páxinas web ou outros.
• Elaboración de materiais e/ou desenvolvemento de programación e actividades culturais en formatos accesibles.
• Fomentar que as persoas con discapacidade poidan desenvolver e utilizar o seu potencial creativo, artísitico e intelectual, non só no seu propio beneficio senón tamén para o enriquecemento da sociedade.
Para asociacións que:
a) Sexan privadas e sen fin de lucro, e que estean definidas como entidades culturais nos seus estatutos.
b) Teñan sede social no termo municipal de A Coruña.
c) Fomentar que as persoas con discapacidade ou en risco de exclusión poidan desenvolver e utilizar o seu potencial creativo, artístico e intelectual, non só no seu propio beneficio senón tamén para o enriquecemento da sociedade.
d) Elaborar materiais ou desenvolver programación e actividades culturais en formatos accesibles e inclusivos.
e) Promover o acceso das persoas con discapacidade ou risco de exclusión á oferta cultural mediante o establecemento de mecanismos de participación incluídos os tecnolóxicos, ou a facilitación dos recursos de apoio necesarios.
f) Eliminar barreiras de acceso a lugares físicos ou virtuais onde se desenvolvan representacións ou servizos culturais tales como teatros, museos, cines, bibliotecas, páxinas web ou outros.
Podes consultar as bases completas no seguinte enlace: https://fundacionemalcsa.org/wp-content/uploads/2023/05/viii-ccai-23-24_bases-convocatoria_borrador-castellano.pdf
Comezan os preparativos do Festigual 2023

A equipa do Festigual xa está preparándose para esta nova edición. Queremos seguir sacando a cultura á rúa e que sexa accesible para todas as persoas. Por iso, entidades, artistas e equipa técnica estamos xa mans á obra!
Este ano o Festigual traerá moitas novidades. Entre elas un cambio de imaxe. Ademais, estamos preparando unha programación única!
Agardamos por ti na Coruña! Podes ir facendo ganas co video resumo da última edición.
Queremos un mundo máis xusto, máis igualitario e máis diverso.
QUEREMOS CULTURA • QUEREMOS FESTIGUAL
🟪🔵🔶 "PIES DE BARRO" con Rebeca Ponte e Elvís García no #Festigual2024 🤳Ao longo de cada edición vivimos momentos que quedan no recordo. Rebeca e
🟥🟨🔶 Músicas Participativas e Inclusivas con Rober Pier e o Coro Diversos Funcionais no #Festigual2024 🙏🫂 O venres despedimos o último evento desta edición do
🟩🔷🟣 FILLAS DE CASSANDRA e CHUNGO PASTEL no #Festigual2024 xunto ás interpretes de MADA PRODUCIÓNS Moitas grazas pola noite do mércores 💛 Enchéstes o Auditorio
🟩🔷🟣Músicas Participativas e Inclusivas con Rober Pier e o Coro Diversos Funcionais no #Festigual2024 Será a última actuación desta edición... Aproveitemos a semana! 🔷 Un
🟩🔷🟣 Fillas de Cassandra e Chungo Pastel no #Festigual !! Este mércores, 27 de novembro 🕒 A partir das 20.00h no Centro Ágora 🎟 Entrada
🟩🔷🟣 PUÑOS DE HARINA no #festigual2024 "Que significa ser home de verdade?" 🤔 Estremecedor monólogo sobre o racismo, a homofobia, a violencia e a masculinidade
🟨🔶🔴 NADA SE SABE no #festigual2024 "Teremos que atopar un clásico que fale de nós... 🤔 De quen, dos actores? ❌ De quen, dos galegos?
