Logo Festigual 2023. A Coruña. Do 21 de novembro ao 3 de decembro

próximo Festigual
NOVEMBRO 2024

QUE É O FESTIGUAL?

O FESTIGUAL é o festival de todas. Un proxecto que cumpre xa sete anos facendo cidade na Coruña. O seu fin é romper coas trabas que se atopan moitas persoas á hora de crear e consumir cultura.
FESTIGUAL trata de escapar dos circuitos normativos da cultura, moitas veces capacitistas. Quere construír un festival que poña no centro a accesibilidade e o goce de toda a poboación. Un proxecto  que é posible grazas ás usuarias das entidades sociais que traballan durante todo o ano para que esto se faga realidade.
Dende o Festigual traballamos para facer da cultura un lugar de todas, un espazo de encontro, reivindicación e aprendizaxe. O Festigual medra porque cada ano aprendemos del. A edición do 2023 deixounos cheas de enerxías e ganas de continuar. Xa estamos traballando no Festigual 2024 pero, mentres tanto, aquí podedes botarlle un ollo a todo o que fixemos ata o de agora.

PROGRAMACIÓN 2023

todos os espectáculos son de balde

DENDE O 30 DE NOVEMBRO AO 17 DE DECEMBRO:
Exposición ‘UN XENIO VOLVE A CASA’ da Sociedade Filatélica da Coruña. Sala Municipal de Exposicións Salvador Mandariaga.

01/11

mércores 1 novembro

🎭 GALA “MÚSICA BAIXO AS ESTRELAS” CON KREZE, TECLA NEGRA, SOPHIE SIMONDS BAND E MARMO TRAZOS XUNTO CON PÍSCORE
🕒 19.00 h – de balde
📍TEATRO COLÓN

03/11

venres 3 novembro

🎭 DOCUMENTAL: “MUSICOTERAPIA: MÁIS ALÁ DA MÚSICA” de Iria Rajal
🕒 18.00 h – de balde
📍AUDITORIO SEDE AFUNDACIÓN. CANTÓN GRANDE, 8.

04/11

sábado 4 novembro

🎭 XORNADA DE ARTE E SAÚDE
🕒 de 10.00 h a 14.30 h e de 17.00 h a 18.30 h – de balde con inscrición
📍COLEXIO DE MÉDICOS DA CORUÑA (Rúa Riego del Agua, 29)

Inscrición: https://i.gal/inscricionarteesaude

08/11

mércores 8 novembro

🎭 EXPERIMENTADANZA E A BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA: “PICASSO: A MIRADA DAS MANS”
🕒 20.00 h – de balde
📍CENTRO ÁGORA

09/11

xoves 9 novembro

🎭 EXPERIMENTADANZA E A BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA: “PICASSO: A MIRADA DAS MANS”
🕒 ESPECTÁCULO PARA CENTROS ESCOLARES

Inscrición: https://i.gal/inscricionfestigual23

10/11

venres 10 novembro

🎭 TEATRO VALACAR: “LIQUIDACIÓN DE EXISTENCIAS”
🕒 Espectáculo para centros escolares
📍SALA DE TEATRO INTERMITENTE VALACAR – CENTRO ONCE

15/11

mércores 15 novembro

🎭 POTEN100MOS COA BANDA DE PERCUSIÓN DIVERSIDARTE + ASOCIACIÓN AÏS CON A PROCURA DE RITMO E LUZ + ASOCIACIÓN PROXECTO MÁSCARAS COA CURTA ESTARTAP
🕒 18.30 h – de balde
📍TEATRO COLÓN

** Antes do comezo do espectáculo, Os Amigos do Museo de Belas Artes da Coruña estarán co seu Museo Virtual para que as persoas que queiran poidan realizar unha visita 360 a unha das exposicións.

Inscrición: https://i.gal/inscricionmuseofestigual23

18/11

sábado 18 novembro

🎭 ASOCIACIÓN CULTURAL NEGUS: SESIÓN VERMÚ INCLUSIVA UNIVERSAL
🕒 de 12.00 h a 17.00 h – de balde
📍CAFÉ UNIVERSAL

🎭 EXPERIMENTADANZA: TUÉTANO
🕒 19.00 h – de balde
📍CENTRO CÍVICO OS MALLOS

21/11

martes 21 novembro

🎭 SESIÓN DE PINTURA CREATIVA. PARTICIPA POR LA INCLUSIÓN
🕒 11.30 h
📍SEDE ASOCIACIÓN PARTICIPA

Inscrición: info@asociacionparticipa.org

22/11

mércores 22 novembro

🎭 ARTEFEITO + CULTURACTIVA PRODUCIÓNS + IGAXES: “SOÑOS
🕒 Espectáculo para centros escolares
📍CENTRO CÍVICO OS MALLOS

Inscrición: https://i.gal/inscricionfestigual23

23/11

xoves 23 novembro

🎭 MIP + BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA: MÚSICAS INCLUSIVAS E PARTICIPATIVAS
🕒 20.00 h – de balde
📍CENTRO ÁGORA

30/11

xoves 30 novembro

🎭 CAXOTO E GEMA SANTOS: É MEU AMIGO!
🕒 Espectáculo para centros escolares
📍CENTRO CÍVICO OS MALLOS

Inscrición: https://i.gal/inscricionfestigual23

01/12

venres 1 decembro

🎭 CANDILEJA PRODUCIÓNS: DUMBO, O MUSICAL
🕒 18.00 h – de balde
📍TEATRO COLÓN

03/12

domingo 3 decembro

🎭 XURXO FERNANDES, PAN.SEN.FRON E VECIÑANZA DE ‘O CAMPANARIO’
🕒 19.00 h – de balde
📍CENTRO ÁGORA

Inscrición para as mochilas vibratorias: https://i.gal/mochilasvibratoriasfestigual

** Antes do comezo do espectáculo, Os Amigos do Museo de Belas Artes da Coruña estarán co seu Museo Virtual para que as persoas que queiran poidan realizar unha visita 360 a unha das exposicións.

Inscrición: https://i.gal/inscricionmuseofestigual23

venres 1 decembro

🎭 CANDILEJAS PRODUCIÓNS: “DUMBO, O MUSICAL”
🕒 18.00 h
📍TEATRO COLÓN

domingo 3 decembro

🎭 XURXO FERNANDES + PAN.SEN.FRON. + VECIÑANZA DE O CAMPANARIO
🕒 19.00 h
📍CENTRO ÁGORA

** Antes do comezo do espectáculo, Os Amigos do Museo de Belas Artes da Coruña estarán co seu Museo Virtual para que as persoas que queiran poidan realizar unha visita 360 a unha das exposicións. A actividade requise inscripción a través do formulario que se pode atopar en www.festigual.gal


ESPECTÁCULOS:

Música baixo as estrelas

gala – concerto

As artistas de rúa da cidade participan nunha gala. O seu fin é  facer un recoñecemento as persoas que poñen banda sonora ao noso día a día. Un espectáculo cheo de ritmos diversos que animará a todas as persoas do teatro. Participarán artistas como Kreze, Tecla Negra, Sophie Simonds Band, ou Marmo Trazos xunto coa compañía de teatro humorístico e musical Píscore.

‘Musicoterapia: máis alá da música’

DOCUMENTAL

Unha peza audiovisual que nos achega ao mundo da musicoterapia, especilmente no ámbito da educación. Os protagonistas da peza son os alumnos e alumnas do colexio Aspronaga da Coruña. Acompañadas por Iria Rajal mostrarannos os beneficios desta disciplina. A  música chega a lugares que a palabra non alcanza.

Arte e Saúde

XORNADA colexio de médicos. Conferencia, mesa de reflexión e obradoiro experiencial.

A III Xornada Arte e Saúde ven este ano acollida e presentada pola Unidade de Cuidados Paliativos do Hospital de Oza. Nel a coordinadora Rebeca Ponte exerce a súa labor. A xornada visibiliza distintos proxectos inclúen a arte e os procesos de creación con fins terapéuticos. Entre eles a área de Psiquiatría do Hospital Piñor de Ourense -varias veces premiado a nivel europeo-. Tamén Arte e Emocións que se desenvolven no CHUAC ou proxectos de creación expositivos de pacientes do Hospital de Igualada de Cataluña.

Picasso, a mirada das mans

Experimentadanza + banda municipal

Un espectáculo de teatro e danza profesional onde hai artistas en escena con e sen diversidade funcional. Mesturan danza contemporánea e teatro. A obra xira entorno a algunhas etapas artísticas de Pablo Picasso. Nela aparecen pouco a pouco os personaxes das súas obras destacando a nenez. La época azul en París, a época Rosa, o Cubismo, e acabando co famoso Guernica e a paloma da paz como símbolo dunha nova época na vida do autor.

Liquidación de existencias

TEATRO VALACAR

O Grupo de Teatro Valacar pertence á Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE). Crea esta peza dirixida por Pedro Rubín na que se pon en cuestión o valor do teatro fronte ao poder das bombas. Ten sentido facer teatro en plena barbarie de guerra? Unha compañía verase envolta en plena guerra da Ucraína. Ante esta situación, os actores e actrices estarán inmersos na disputa entre o valor de seguir facendo teatro ou encartarse ao poder destrutor das bombas.

Estartap

ASOCIACIÓN PROXECTO MÁSCARAS

Un documental que se sitúa en 2020. A pandemia aterroriza ao mundo, baleira as rúas e enche o aire de lamentacións. Pero a Txuso, sorprendido e farto de dar ánimos despois de décadas en cadeirade rodas, ocórreselle unha idea emprendedora. Convence a Xoán e conseguen montar ESTÁRTAP. Teñen éxito inmediato que lles leva a moitas contratacións para atender ás colas virtuais en espera de tratamento: “Isto vainos cambiar!”. “Imos saír reforzados como sociedade!
Pero chega a Nova Normalidade e a xente tolea de festa en festa como se non houbera un mañá. Todo o mundo é feliz. Todo o mundo… menos os socios da empresa. E agora que?

A procura de ritmo e luz

ASOCIACIÓN CULTURAL AIS

Un concerto multimedia creado por persoas con diversas capacidades auditivas. Lámpadas, interruptores e chasquidos. Serán a base para este espectáculo performativo onde a música contemporánea dialoga coas artes visuais do século XXI.

Banda DiversidArte

poten100mos

A Banda de percusión DiversidArte é un proxecto de cultura inclusiva da Asociación Poten100mos. Formada por 25 músicos con distintas diversidades. Colaboran con outras entidades sociais e artistas recoñecidas. A banda de percusión DiversidArte ofrecerá un concerto único e divertido. Un espectáculo que fará, sen dúbida, bailar a todo o público nunha celebración pola paz e a inclusión social.

Sesión vermú inclusiva universal

ASOCIACIÓN CULTURAL NEGUS

A Sesión Vermú Inclusiva Universal estará amenizada polo alumnado de DJ inclusivo. Mostrarán as súas habilidades e o seu gusto pola diversidade musical. A Asociación Cultural Negus volve a traballar para achegar a música a todo o mundo coas súas sesións e obradoiros de DJ Inclusivo. Será unha xornada chea de  músicas de moi diferentes estilos.

Soños

ARTEFEITO + CULTURACTIVA + IGAXES

Soños é a primeira obra teatral galega que trata a situación da mocidade tutelada dun xeito integral. Un espectáculo divertido, ameno e sorprendente. Tamén cunha gran forza social. Unha ficción moi realista  que nace do contacto directo do autor e directora con mocidade tutelada. Levan as súas experiencias ao escenario. Soños é unha ventá a realidade da mocidade en risco de exclusión.  Amosa o seu contexto, as súas aspiracións, os seus medos. Un espectáculo que chega con moita facilidade ao corazón e á cabeza do público adulto e xuvenil.

É meu amigo

caxoto e gema santos

Unha historia en lingua de signos e lingua oral sobre a amizade, a comunicación, os medos e a xestión emocional. Para todos os públicos. Un espectáculo no que Caxoto e Gema Santos nos falan sobre a fraxilidade humana. E Tamén sobre unha das súas grandes fortalezas: a amizade.

Dumbo, o musical

candileja producións

Un divertido espectáculo para toda a familia. Unha gran posta en escea e voces en directo. Dumbo fala do acoso que sofren as que son diferentes. Un musical con alma que amosa que todos os individuos teñen algo que dicir. Candileja Producións cre que non existe mellor personaxe ca Dumbo para falar sobre o acoso escolar. Dende a produtora teñen o obxetivo de axudar a rematar con estas prácticas a través desta proposta cultural, social e educativa.

TresXCuatro + Banda Municipal

CONCERTO: MÚSICAS PARTICIPATIVAS E INCLUSIVAS

Músicas Participativas e Inclusivas nace coa unión da Asociación Cultural “Tres por Cuatro” e co músico Robert Pier. Nesta ocasión estará acompañado pola Banda Municipal de Música de A Coruña. O espectáculo xira en torno aos Mantras das emocións. Os artistas que realizan os obradoiros de Robert Pier practican estes mantras. Un concepto orixinario do hinduísmo que se fundamenta na interpretación de cancións curtas e circulares. Segundo algunhas crenzas, teñen un poder psicolóxico e espiritual.

Sociedade Filatélica da Coruña

EXPOSICIÓN: UN XENIO VOLVE A CASA

Exposición que homenaxea a figura de Pablo Picasso no 50 aniversario do seu falecemento. A Sociedade Filatélica da Coruña traballa para a expansión e fomento do coleccionismo de selos e manteñen un compromiso firme coa inclusión.

Amigos do Museo de Belas Artes da Coruña

MUSEO EN MOVEMENTO

Museo en Movemento é un proxecto de artes plásticas dirixido a aqueles públicos que non teñen a posibilidade de desprazarse ás instalacións do museo. Por iso, os contenidos trasládanse ata eles.
A Asociación de amigos do Museo de Belas Artes da Coruña, baixo a supervisión e o aval do Museo de Belas Artes, favorece así a cultura accesible e inclusiva na cidade.

Xurxo Fernándes + PAN.SEN.FRON + O Campanario

CONCERTO

Xurxo Fernandes e PAN.SEN.FRON xúntanse coa asociación veciñal O Campanario da Coruña. Nútrense mutuamente das súas experiencias musicais. Neste espectáculo poderemos gozar dos sons da tradición musical galega mesturados con elementos da tradición xitana. Unha experiencia que romperá barreiras e poñerá en valor a tradición e a cultura deste barrio.

Tuétano

DANZA

Un espectáculo de danza inclusiva da compañía Experimentadanza. Tuétano fala da profundidade e de buscar o límite dos corpos. Unha obra que explora as emocións máis profundas do ser humano a través do movemento. A cadeira de rodas é un personaxe máis. Chegar ao Tuétano, querer chegar ata o Tuétano, bailar ata o Tuétano.

Participa

TALLER DE PINTURA EMOCIONAL

Actividade para persoas sen coñecementos previos de pintura ao óleo. Consiste na realización dunha obra individual que reflicta en cores e texturas as diferentes emocións relacionadas coa música. É un obradoiro de experimentación artística para tod@s. A Asociación participa traballa na promoción de mecanismos de participación e inclusión social para persoas que pertenzan a colectivos en situación de desvantaxe por razóns físicas, sociais, étnicas, económicas, culturais e outras de similar natureza.



ENTIDADES









IRIA RAJAL

Iria Rajal é unha profesional da Musicoterapia. Profesora do Máster de Musicoterapia MyC de Madrid. Tamén formou parte da plantilla titular do Teatro Real de Madrid como cantante de ópera. É a creadora do Proxecto “Vibria” Musicoterapia e Pedagoxía Musical. Dirixido a nenos e nenas con necesidades de apoio educativo.

REBECA PONTE

Rebeca Ponte é unha profesional especializada en arte e saúde. Conduce un proxecto para axudar aos enfermos a expresar os seus sentimentos a través de actividades artísticas. Este ano coordina as III Xornadas de Arte e Saúde presentada pola Unidade de Coidados Paliativos do Hospital de Oza.

EXPERIMENTADANZA

Compañía profesional de danza que nace no ano 2003 baixo a dirección de Carlota Pérez (coreógrafa, bailarina e historiadora da arte). Durante os últimos 15 anos desenvolveu numerosos espectáculos de danza inclusiva e proxectos comunitarios.

TEATRO VACALAR

Compañía de teatro que pertence a ONCE e cre no poder transformador das artes. Ademáis dunha proposta lúdica, é unha ferramenta unha ferramenta de convivencia dun mesmo e cos demais. O seu director e Pedro Rubín. A maior parte dos actores e actrices que participan son cegos ou teñen algunha discapacidade visual.

ASOCIACIÓN PROXECTO MÁSCARAS

A Asociación Proxecto Máscaras é unha entidade de carácter cultural, social, educativo e de fomento de la investigación. Na súa visión, toman de partida a diferencia como principal valor para a riqueza da sociedade.  Traballan co audiovisual, os contidos pedagóxicos, a formación e a investigación.

ASOCIACIÓN CULTURAL AIS

A Asociación AÏS desenvolve numerosas actividades ao redor da arte e música contemporánea. Estes proxectos interdisciplinares permitiron achegar novas expresións artísticas do século XXI a todos os públicos. O seu buque insignia é o Festival de Música Contemporánea da Coruña RESIS. Un festival e punto de encontro na creación contemporánea máis vangardista.

PONTEN100MOS

Poten100mos traballa xunto as persoas en risco de pobreza e exclusión. Queren brindarlles oportunidades e recursos necesarios que lles permitan participar plenamente na vida económica, social e cultural.  O seu proxecto DiversidArte ten como obxectivo promover o acceso e creación de cultura de todas as persoas.

ASOCIACIÓN CULTURAL NEGUS

A Asociación Cultural Negus xorde no ano 2001 para achegar “a cultura dos pobos”, tal e como o denomina a organización, a través da música e doutras manifestacións artísticas. O seu principal obxectivo consiste en promover e difundir a cultura nun sentido amplo, ofrecento espazos á artesanía, á pintura, á danza e á música.

MÚSICAS PARTICIPATIVAS E INCLUSIVAS TRESXCUATRO

Este proxecto nace da unión da asociación cultural “Tres Por Cuatro” co músico e compositor Robert Pier. A iniciativa xurde como unha evolución do traballo de músicoterapia que Robert Pier soubo adaptar a súa labor profesional na área sanitaria. Utilizan a música para integrar o mundo da cultura e colectivos con diversidade funcional.

AMIGOS DO MUSEO DE BELAS ARTES

Museo en Movemento é un proxecto de artes plásticas dirixido a aqueles públicos que, por causas diversas, non teñen a posibilidade de desprazarse ás instalacións do museo. A Asociación de amigos do Museo de Belas Artes da Coruña, baixo a supervisión e o aval do Museo de Belas Artes, favorece así a cultura accesible e inclusiva na cidade da Coruña.

ASOCIACIÓN PARTICIPA PARA LA INCLUSIÓN SOCIAL

A Asociación Participa para la Inclusión Social é unha asociación sen ánimo de lucro creada no ano 2003 e declara de Utilidade Pública. Os seus fins son a promoción de mecanismos de participación e inclusión social para persoas que pertenzan a coletivos en situación de desvantaxe por razóns físicas, sociais, étnicas, económicas, culturais e outras de similar natureza a través do fomento de actividades culturais, educativas artísticas físicas e de ocio saludables.

FESTIGUAL 2023

MIP + Banda Municipal de Música
Resumo 2023
Xurxo Fernandes e veciñanza do Campanario
Actuación Máscaras, Poten100mos e Aïs
Actuación Experimentadanza + Banda Municipal
Gala Música baixo as estrelas

Queremos un mundo máis xusto, máis igualitario e máis diverso.
QUEREMOS CULTURA • QUEREMOS FESTIGUAL

Festigual 2023 - A Coruña
Organizan:
Colaboran:
Xestiona: