QUE É O FESTIGUAL:

Foto participante do primeiro concurso. Entre bambalinas de Helliot Baeza

FESTIGUAL celebra este ano o seu sexto aniversario. Seis anos visibilizando o traballo de todas as persoas e entidades que loitan cada día por unha cultura máis aberta, con menos barreiras e que inclúa todas as formas de percibir a realidade.

FESTIGUAL é un escaparate imprescindible para que todo ese traballo de fondo, de ensaios e procesos creativos que conleva calquera actividade artística, se expoña ante o grande público.

Independentemente das nosas condicións físicas ou cognitivas, reivindicamos o dereito ao pleno goce da cultura. Queremos espazos normalizados para as nosas manifestacións artísticas e culturais fóra do circuíto terapéutico ou ocupacional. Queremos un mundo máis xusto, máis igualitario e máis diverso.

PROGRAMACIÓN 2022

25 de outubro

👯‍♀️ ENTIDADE: NEGUS
🎭 ESPECTÁCULO: PINCHADA DJ INCLUSIVA

🕒 de 18.00 h a 20.00 h / Inscricións: http://ir.gl/0f096b
📍Centro Ágora

26 de outubro

👯‍♀️ COMPAÑÍA: EXPERIMENTADANZA E BANDA DE MÚSICA DA CORUÑA
🎭 ESPECTÁCULO: DISTOPÍA

🕒 12.00 h / Dirixido ao alumnado de centros escolares*
📍Centro Ágora

27 de outubro

👯‍♀️ COMPAÑÍA: EXPERIMENTADANZA E BANDA DE MÚSICA DA CORUÑA
🎭 ESPECTÁCULO: DISTOPÍA

🕒 20.30 h / Entrada de balde ata completar aforo
📍Centro Ágora

2 de novembro

👯‍♀️ COMPAÑÍA: NÁUFRAGOS TEATRO
🎭 ESPECTÁCULO: HUGO

🕒 12.00 h / Dirixido ao alumnado de centros escolares*

Á entrada e saída do espectáculo poderase gozar dunha visita virtual o museo grazas á actividade “Un museo en movemento. Descubrir o museo” de Amigos do Museo de Belas Artes.
📍Centro Cívico Os Mallos

4 de novembro

👯‍♀️ ENTIDADES: POTEN100MOS + INTERSECCIÓN
🎭 ESPECTÁCULO: Proxección da peza audiovisual MIRADAS DIVERSAS A CORUÑA + Concerto da banda METAMORFOSIS PERCUSSION’S ARTIST

🕒 20.30 h / Entrada de balde ata completar aforo
📍Domus

8 de novembro

👯‍♀️ ENTIDADE: NEGUS
🎭 ESPECTÁCULO: PINCHADA DJ INCLUSIVA

🕒 de 18.00 h a 20.00 h / Inscricións: http://ir.gl/0f096b
📍Centro Ágora

10 de novembro

👯‍♀️ GRUPOS: ORQUESTRA DE CÁMARA GALEGA – DEMUSICADE
🎭 ESPECTÁCULO: UNHA NOITE ITALIANA

🕒 20.30 h / Entrada de balde ata completar aforo
📍Teatro Colón

👯‍♀️ ENTIDADE: POTEN100MOS
🎭 ESPECTÁCULO: OBRADOIRO DE IMPROVISACIÓN E PERCUSIÓN

🕒 DE 18.00 h A 19.30 h / Inscricións: http://ir.gl/2ce481
📍Centro Ágora. Aula 11

11 de novembro

👯‍♀️ COMPAÑÍA: PARTICIPA PARA LA INCLUSIÓN
🎭 ESPECTÁCULO: GRAFITTI INCLUSIVO 360º

📍Colexio Manuel Murgía

👯‍♀️ DOCENTE: PEDRO RUBÍN
🎭 ESPECTÁCULO: MASTERCLASS: MÁIS ALÓ DOS SOÑOS

🕒 de 16.00 a 19.00 h / Inscricións: http://ir.gl/b43083
📍Centro da ONCE

14 de novembro

👯‍♀️ COMPAÑÍA: ARTEFEITO + AVANTE
🎭 ESPECTÁCULO: (ALGUNHAS) COUSAS DE CASTELAO

🕒 12.00 h / Dirixido ao alumnado de centros escolares*
📍Centro Cívico Os Mallos

15 de novembro

👯‍♀️ ENTIDADE: NEGUS
🎭 ESPECTÁCULO: OBRADOIROS DJ INCLUSIVA

🕒 de 18.00 h a 20.00 h / Inscricións: http://ir.gl/0f096b
📍Centro Ágora

17 de novembro

do 17 de novembro a 8 de decembro

👯‍♀️ COMPAÑÍA: TEATRO VALACAR
🎭 ESPECTÁCULO: LIQUIDACIÓN DE EXISTENCIAS

🕒 11.00 h / Dirixido ao alumnado de centros escolares*
📍Centro da ONCE

👯‍♀️ ENTIDADE: SOCIEDADE FILATÉLICA
🎭 ESPOSICIÓN: A CORUÑA DE TODOS

🕒 18.00 h a 20.00 h / Entrada de balde
📍Sala de Exposicións municipal Durán Loriga

👯‍♀️ ENTIDADE: POTEN100MOS
🎭 ESPECTÁCULO: OBRADOIRO DE IMPROVISACIÓN E PERCUSIÓN

🕒 DE 18.00 h A 19.30 h / Inscricións: http://ir.gl/2ce481
📍Centro Ágora. Aula 11

18 de novembro

👯‍♀️ DINAMIZA: PEDRO RUBÍN
🎭 ESPECTÁCULO: CONVIVENCIA ARTÍSTICA “REPENSANDO A NOSA ARTE FRONTE AO RETO DA INCLUSIÓN”

🕒 12.00 h a 18.00 h / Inscricións: http://ir.gl/e0d3fe
📍Centro da ONCE

19 de novembro

👯‍♀️ ENTIDADE: NEGUS
🎭 ESPECTÁCULO: PINCHADA DJ INCLUSIVA

🕒 Sesión vermú, de 12.00 h a 17.00 h / Entrada de balde ata completar aforo
📍Café Universal

24 de novembro

👯‍♀️ COMPAÑÍA: TRES POR CUATRO
🎭 ESPECTÁCULO: MÚSICAS PARTICIPATIVAS E INCLUSIVAS

🕒 12.00 h / ASPACE

👯‍♀️ ENTIDADE: POTEN100MOS
🎭 ESPECTÁCULO: OBRADOIRO DE IMPROVISACIÓN E PERCUSIÓN

🕒 DE 18.00 h A 19.30 h / Inscricións: http://ir.gl/2ce481
📍Centro Ágora. Aula 11

👯‍♀️ COMPAÑÍA: YLLANA
🎭 ESPECTÁCULO: CAMPEONES DE LA COMEDIA

🕒 20.30 h / Entrada de balde ata completar aforo

Á entrada e saída do espectáculo poderase gozar dunha visita virtual o museo grazas á actividade “Un museo en movemento. Descubrir o museo” de Amigos do Museo de Belas Artes.
📍Teatro Colón

3O de novembro

👯‍♀️ ARTISTAS: SISTERS IN THE HOUSE, IMPROVISIÓNS, DANIEL CONVULSIONES, SOPHIE SIMONS E A SÚA BANDA, FERAL BOOTY E JOSÉ MANUEL PORTELA
🎭 ESPECTÁCULO:

🕒 20.30 h / Entrada de balde ata completar aforo
📍Teatro Rosalía

3 de decembro

👯‍♀️ GRUPO: EL LANGUI E A SÚA BANDA
🎭 ESPECTÁCULO: EL LANGUI EN CONCERTO

🕒 20.30 h / Entrada de balde ata completar aforo
📍Centro Ágora

* Para as actividades dirixidas a público escolar, as inscricións poderán realizarse enviando un correo a festigual.coruna@gmail.com indicando o espectáculo de interese e o número de asistentes.

Máis info das actividades

beenhere

INSCRICIÓNS

A entrada aos espectáculos será libre e de balde ata completar aforo.
– • –
En relación aos espectáculos dirixidos a público escolar, poderán realizarse as inscricións mandando unha mensaxe a festigual.coruna@gmail.com, indicando o espectáculo de interese e o número de asistentes.
– • –
Para a masterclass, a convivencia artística e o obradoiro de Dj Inclusivo podedes realizar as inscricións a través dos seguintes formularios: 
MasterclassConvivencia ArtísticaDj Inclusivo


I concurso de contos agochados

Como participar?

Calquera persoa pode enviar os relatos que queira. Para participar, os contos debense enviar adxuntos nun pdf ao email festigual.coruna@gmail.com, indicando no asunto da mensaxe “Un conto agochado” e, no corpo, o nome co que se queira asinar a peza así como un teléfono de contacto. O prazo para participar comezará o martes 11 de outubro e extenderase ata o mércores 30 de novembro. O relato gañador comunicarase nas redes do Festigual o 3 de decembro.

Como deben ser os relatos?

Os contos deberán narrar historias de inclusión. Non poden superar as 140 palabras, sen incluír o título, e deberán estar escritos en galego. Todos os textos deben ser orixinais e non copias ou apropiacións de terceiros. Os textos que non cumpran ditos requisitos quedarán fóra do concurso.

Deliberación e premios:

Todos os relatos se subirán ás redes sociais do Festigual. Os mellores contos leranse ao longo dos meses de outubro e novembro no programa “Convivir en Igualdade” da Radio Galega. Un xurado profesional encargarase de seleccionar o mellor texto, que se anunciará nas redes do Festigual o día 3 de decembro. O gañador/a recibirá dúas entradas para Termaria Casa del Agua e un curso de escrita da editorial Apiario. En caso de non conseguir contactar coa persoa gañadora nun prazo de 10 días, o xurado escollerá outro traballo como premiado. A organización resérvase os dereitos de difusión do relato gañador.

Dereitos e responsabilidades:

As persoas participantes serán as únicas responsables dos contidos e mensaxes que aparezan nos textos presentados ao concurso.

Cada participante será responsable das posibles vulneracións de dereitos, protección de datos, honor e intimidade ou calquera outro dereito propiedade dun terceiro que poida ser vulnerado cos relatos presentados. Festigual e as empresas organizadoras quedan así indemnes de calquera responsabilidade que se desprenda de ditas posibles vulneracións.

A participación no I Concurso de Contos Agochados supón a cesión dos dereitos de explotación dos relatos e a aceptación de que se publiquen nas redes do festival así como da súa posible lectura no programa Convivir en Igualdade da Radio Galega de ser seleccionado. Neste sentido, Festigual poderá utilizalos en actos promocionais ou cedelos a terceiros co obxectivo de facer difusión. Isto non supón en ningún caso a renuncia dos dereitos de autor, que serán, por suposto, da persoa autora da obra.

Festigual resérvase o dereito de eliminar do concurso aqueles textos que considere ofensivos, denigrantes, que non cumpran os requisitos descritos nestas bases ou calquera contido que implique unha responsabilidade penal ou civil.

A participación no concurso implica automaticamente a aceptación destas bases.


COMO FORON AS EDICIÓNS ANTERIORES?

FESTIGUAL 2022

Resumo Festigual 2022
Actuación Experimentadanza
Concerto de Langui

FESTIGUAL 2021

Xornada Festigual 2021
Habitados – Experimentadanza 2021
DJ Inclusivo 2021
Barbarroja 2021

FESTIGUAL 2020

Slider image
Slider image
Slider image
Slider image
Slider image
Slider image
Slider image
Slider image
Slider image

FESTIGUAL 2019

Queremos un mundo máis xusto, máis igualitario e máis diverso.
QUEREMOS CULTURA • QUEREMOS FESTIGUAL

Festigual

1 day 6 hours ago

🟥🟨🔶 Músicas Participativas e Inclusivas con Rober Pier e o Coro Diversos Funcionais no #Festigual2024 🙏🫂 O venres despedimos o último evento desta edición do

Festigual

5 days 16 hours ago

🟩🔷🟣 FILLAS DE CASSANDRA e CHUNGO PASTEL no #Festigual2024 xunto ás interpretes de MADA PRODUCIÓNS Moitas grazas pola noite do mércores 💛 Enchéstes o Auditorio

Festigual

1 week 1 day ago

🟩🔷🟣Músicas Participativas e Inclusivas con Rober Pier e o Coro Diversos Funcionais no #Festigual2024 Será a última actuación desta edición... Aproveitemos a semana! 🔷 Un

Festigual

1 week 1 day ago

🟩🔷🟣 Fillas de Cassandra e Chungo Pastel no #Festigual !! Este mércores, 27 de novembro 🕒 A partir das 20.00h no Centro Ágora 🎟 Entrada

Festigual

1 week 2 days ago

🟢 Chegan as Fillas de Cassandra (en acústico) ao Festigual 2024! 🔹 Sara Faro e María Soa son Fillas de Cassandra. Un dúo que tece

Festigual

1 week 5 days ago

🟢 Concerto de Chungo Pastel á vista! E será unha xornada con sorpresas 👇 🔹 Chungo Pastel, grupo de música da fundación Igual Arte, presenta

Festigual is at Centro Ágora.

1 week 6 days ago

🟩🔷🟣 PUÑOS DE HARINA no #festigual2024 "Que significa ser home de verdade?" 🤔 Estremecedor monólogo sobre o racismo, a homofobia, a violencia e a masculinidade

Festigual is at Centro Ágora.

2 weeks 1 day ago

🟨🔶🔴 NADA SE SABE no #festigual2024 "Teremos que atopar un clásico que fale de nós... 🤔 De quen, dos actores? ❌ De quen, dos galegos?

Festigual

2 weeks 5 days ago

🟢 "Nada se sabe": Unha reflexión sobre a diversidade Coa colaboración da Delegación Territorial de la ONCE en Galicia. 🔹 O Centro Dramático Galego e

Festigual

3 weeks 11 hours ago

🟢 "Nada se sabe": Unha reflexión sobre a diversidade Coa colaboración da Delegación Territorial de la ONCE en Galicia. 🔹 O Centro Dramático Galego e

logotipo do festigual 2022
Organizan:

Colaboran:

Xestiona: