
Queres ver como se realizou a sesión de fotos da exposición?
Actuacións anteriores:
Independentemente das nosas condicións físicas ou cognitivas, reivindicamos o dereito ao pleno goce da cultura. Queremos espazos normalizados para as nosas manifestacións artísticas e culturais fora do circuito terapéutico ou ocupacional.
SOMOS FESTIGUAL
PROGRAMACIÓN
Programa festigual.com 2020
Presencial + OnLine
Entrada de balde ata completar aforo e en streaming en festigual.com
• Concerto de DEMUSICADE
6 de novembro / 20.00 h.
Museo de Belas Artes da Coruña
Entrada de balde.
Reservas en mu.belas.artes.difusion@xunta.gal
ou 881 88 17 00 a partir do mércores 4
e en streaming en festigual.com
• Exposición “Unha mirada á diversidade” de Óscar Corral
Dende o 6 de novembro
Nas rúas e festigual.com
• Artes Escénicas Límites, de Experimentadanza + Diversos
11 de novembro / 19.00 h.
Teatro Rosalía
OnLine
• Pinchada a cargo de NEGUS “cabina inclusiva”
14 de novembro / 12.00 h.
• Concerto Obradoiro de Tres x Cuatro e Robert Pier
19 de novembro / 17.00 h.
En streaming en festigual.com
• Artes Escénicas de Poten100mos: metaMorfosis
26 de novembro / 20.30 h.
Teatro Rosalía
• Presentación do proxecto Deseño e Son da Asociación Zalaeta
27 de novembro / 19.00 h.
Domus
• Estrea da curta de de MÁSCARAS: O Reflexo da Tartaruga
28 de novembro / 12.00 h.
Centro Ágora
• Concerto de Sisters in the House
28 de novembro / 19.00 h.
Centro Ágora
O programa de Cultura Accesible e Inclusiva da Fundación Emalcsa e o Concello da Coruña favorece a inclusión e a accesibilidade das persoas na vida cultural e artística, excluíndo calquera barreira ou impedimento que dea lugar á discriminación.
FACEMOS FESTIGUAL
EXPOSICIÓN
Unha mirada á diversidade
de Óscar Corral
A Manuel García gústalle mergullarse en sopas de letras e en reportaxes de épocas pasadas, como o Antigo Exipto, pero sen dúbida a súa grande paixón é a pintura. Os que o coñecen saben que é unha persoa alegre e simpática, que se describe a si mesma como humorista. Un soño? Poder parar este virus. María Victoria Viñas é unha muller traballadora, participativa e boa á que lle gusta ler, cociñar e facer manualidades relacionadas co téxtil e a xoiería. Encántalle pasar tempo coa súa familia e amigos, en especial coa súa amiga Elena. Un soño? Seguir así. Jesús Quintela, máis coñecido como Suso, é alto, forte e aínda que ás veces poida parecer “brutiño” -como el mesmo di- en realidade é moi cariñoso. O dominó e os xogos de pelota son a súa grande paixón, de feito as súas mellores lembranzas son no estadio de Riazor. Un soño? Coñecer aos xogadores do Deportivo Lucía Rosana Medina Meneses non pode vivir sen música. Escóitaa sempre que pode e adora cantar. “Din que teño boa voz”, admite, e lembra con cariño cando participou no Festival da canción de Aspronaga. Un soño? Chegar a ser unha cantante famosa Daniel Guerra Vázquez é un fanático do Rock e das tecnoloxías. Este coleccionista de vinilos, confesa que lle encanta adicar temas pola radio. Ademais, gústalle pasear, comer fóra, estar coa familia e as redes sociais, en especial YouTube. Un soño? Ter unha canle de YouTube que se faga moi popular. Sasha López Romero é unha rapaza alegre e intelixente. Practica padel, futbol sala, tennis de mesa… O deporte é unha paixón para ela. Tamén adora a fotografía e encántalle facer pasteis. Un soño? Ser profesora de educación infantil e unha “super fotógrafa” Manuel Becerra, máis coñecido como Manoliño, é fundamentalmente un bo tipo, alegre, ao que lle gusta pintar e escoitar música. Encántalle pasar o tempo con Juan, seu pai, de feito, o día máis bonito que viviu o ano pasado foi cando puido velo despois de moito tempo. Un soño? Coñecer ao grupo Pimpinela. O que máis lle gusta no mundo a Clara López é estar cos seus, desfrutar dos seus amigos. Amante do baile, é unha persoa sincera e algo romántica: o seu día favorito do ano pasado foi o 14 de febreiro, día dos namorados. Un soño? Percorrer todos os paises bailando Para Rober Pier, a guitarra é unha extensión do seu corpo. Músico-integrador e terapeuta, a este coruñés encántalle tocar, viaxar e ler. Está profundamente orgulloso de “Diversos Funcionales”, o disco que presentaron o ano pasado e que é, asegura, “o máis inclusivo da historia”. Un soño? “Publicar os seguintes discos que teño na mente e no meu corazón” Alegre. Así é Alicia Martínez Real. Gústalle escribir, ver vídeos, escoitar música, ir a concertos e aproveitar o tempo cos amigos e coas as súas sobriñas, ás que adora. Lembra con cariño cando ela era pequena e ía á escola. Un soño? Ir a un concerto dos Back Street Boys. David Gundín é moi activo. Adora asistir ao teatro e ver o fútbol, pero tamén lle gusta traballar realizando pezas de xoiería. Lembra con agarimo cando ía a Lourenzá e adorou a celebración do Samaín do ano pasado. Estar con amigos e familia é para el a mellor forma de pasar o tempo. Un soño? Que remate o coronavirus para poder ir ao Dépor e dar apertas. María del Mar Villamil é unha nena amable e graciosa que desfruta bailando, xogando con peluches e escribindo libros. Encántalle descubrir cousas novas e facer actividades distintas. Entre as súas mellores lembranzas… o primeiro día nun cole novo! Un soño? “Que publiquen os meus libros”. O Tíbet e o Himalaya son os lugares favoritos de Fabrizio Rosano. Sinxelo, seguro de si mesmo e divertido, adica o seu tempo a viaxar e a organizar proxectos en favor da comunidade. Gabriele, o seu sobriño, é a súa debilidade. Un soño? Traballar para que a xente poida sorrir. Jesús García Barral é un bromista, sempre está de bo humor. Artesán de profesión, adora o seu traballo e desfrutar da vida. Un dos mellores recordos que ten é de cando foi a Vietnam á voda do seu irmán. Un soño? Poder viaxar e coñecer xente.
PROXECTOS
Participa
Asociación Non Gubernamental que desenvolve proxectos que fomentan a incorporación social de persoas en situación de risco social.

SAN
Asociación Cultural Sen Ánimo de Nome está interesada na creación e o desenvolvemento de proxectos culturais comúns.
S8
A Asociación Cultural S8 traballa co cine como ferramenta de inclusión a través de proxectos como XPRESA.
Experimentadanza
Experimentadanza é unha compañía de danza-teatro
e inclusión social que a través do traballo artístico crea unha interconexión entre todas e todos os participantes, potenciando as capacidades creativas de cada persoa.

Demusicade
Demusicade é unha asociación para o desenvolvemento da cultura musical na infancia para colectivos desfavorecidos e en risco de exclusión cultural.
TresXCuatro
A música inclusiva é a razón de ser de Tres por cuatro. Esta asociación coruñesa que forma parte de Festigual realiza obradoiros de música inclusiva con diferentes entidades nos que este ano están a traballar as emocións da man do músico-terapeuta Rober Pier.

Belas Artes
A Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes saca a arte do museo para facela accesible a todo o mundo, facendo a cultura máis inclusiva a través da realización de obradoiros con entidades sociais.
Soc. Filatélica
Traballan para a expansión e fomento do coleccionismo de selos. Promoven a cultura inclusiva coa programación e realización de actividades culturales en colaboración con diferentes entidades locales.
Queremos un mundo máis xusto, máis igualitario e máis diverso.
QUEREMOS CULTURA
QUEREMOS FESTIGUAL
🟪🔵🔶 "PIES DE BARRO" con Rebeca Ponte e Elvís García no #Festigual2024 🤳Ao longo de cada edición vivimos momentos que quedan no recordo. Rebeca e
🟥🟨🔶 Músicas Participativas e Inclusivas con Rober Pier e o Coro Diversos Funcionais no #Festigual2024 🙏🫂 O venres despedimos o último evento desta edición do
🟩🔷🟣 FILLAS DE CASSANDRA e CHUNGO PASTEL no #Festigual2024 xunto ás interpretes de MADA PRODUCIÓNS Moitas grazas pola noite do mércores 💛 Enchéstes o Auditorio
🟩🔷🟣Músicas Participativas e Inclusivas con Rober Pier e o Coro Diversos Funcionais no #Festigual2024 Será a última actuación desta edición... Aproveitemos a semana! 🔷 Un
🟩🔷🟣 Fillas de Cassandra e Chungo Pastel no #Festigual !! Este mércores, 27 de novembro 🕒 A partir das 20.00h no Centro Ágora 🎟 Entrada
