assignment_late

Que é o Festigual?

Xa son oito anos facendo cidade na Coruña. Oito anos rompendo coas trabas que se atopan moitas persoas á hora de crear e consumir cultura. O Festigual – Festival das Artes Inclusivas – da Fundación Emalcsa desenvolto polo Concello da Coruña, nace e perdura cun fin: xerar espazos de convivencia e transformación ao redor das artes.
A programación, pensada para facilitar o acceso á cultura a calquera persoa independentemente das súas capacidades, espállase ao longo de varias semanas complementando a axenda cultural da cidade con propostas para todas. A través de distintas disciplinas artísticas, non só pretende concienciar sobre a urxencia de facilitar espazos nos que todo o mundo poida acceder ás artes, senón tamén da necesidade de crear dende as marxes para que o público xeral poida ampliar olladas.
Festigual trata de escapar dos circuitos normativos da cultura, moitas veces capacitistas, para construír un festival que poña no centro a accesibilidade e o goce de toda a poboación. Un proxecto colaborativo que é posible grazas ás usuarias das entidades sociais que traballan durante todo o ano para que esto se faga realidade.

PROGRAMACIÓN 2024

todos os espectáculos son de balde

30/10

mércores 30 outubro

🎭 EXPERIMENTADANZA E BANDA MUNICIPAL DA CORUÑA. CEREBRO, ARTES, ACCIÓN
🕒 12.00 h – espectáculo para centros escolares
📍CENTRO ÁGORA

Inscrición: sigue o enlace

🕒 20.00 h – de balde
📍CENTRO ÁGORA

03/11

domingo 03 novembro

🎭 GALA “MÚSICA BAIXO AS ESTRELAS” CON SOPHIE SIMONDS, PULPIÑO VIASCÓN, MISURIA BLUES E ROZADURA E DANI BLANCO. PRESENTA FRAN REI E CORINA ALFONSO.
🕒 19.00 h – de balde
📍TEATRO COLÓN

07/11

xoves 07 novembro

🎭 AMIGOS DO MUSEO DE BELAS ARTES. EXPLORANDO O MUSEO
🕒 18.30 h – de balde previa inscrición
📍CENTRO ÁGORA

Inscrición: sigue o enlace

🎭 ASOC. CULTURAL AIS. A PROXECCIÓN SONORA III. A FÁBRICA ILUMINADA
🕒 19.30 h – de balde
📍CENTRO ÁGORA

🎭 O MISTERIOSO CABARÉ DO SR. PILGRIM… E FREESTYLE
🕒 20.00 h – de balde
📍CENTRO ÁGORA

Facilitarase audiodescrición para persoas cegas. Será necesario levar auriculares propios. Tamén será accesible para persoas xordas a través de lingua de signos e bucle magnético.

08/11

venres 08 novembro

🎭 ASOCIACIÓN PARTICIPA. GRAFFITI INCLUSIVO
🕒 17.00 h – Actividade para usuarias de centros sociais
📍CENTRO AMIGÓ OS MALLOS

09/11

sábado 09 novembro

🎭 XORNADA DE ARTE E SAÚDE. CONVERSAS, CONFERENCIAS E OBRADOIROS.
🕒 de balde previa inscrición
📍SALÓN DE ACTOS DO HOSPITAL MARÍTIMO DE OZA

Inscrición: sigue o enlace

🎭 REBECA PONTE E ELVIS GARCÍA. PIES DE BARRO
🕒 18.30 h – de balde
📍SALÓN DE ACTOS DO HOSPITAL MARÍTIMO DE OZA

14/11

xoves 14 novembro

🎭 EL AEDO TEATRO. PUÑOS DE HARINA
🕒 12.00 h – espectáculo para centros escolares
📍CENTRO ÁGORA

Inscrición: sigue o enlace

🕒 20.00 h – de balde
📍CENTRO ÁGORA

17/11

domingo 17 novembro

🎭 AMIGOS DO MUSEO DE BELAS ARTES. EXPLORANDO O MUSEO
🕒 18.00 h – de balde previa inscrición
📍TEATRO COLÓN

Inscrición: sigue o enlace

🎭 CULTURACTIVA PRODUCIÓNS E CENTRO DRAMÁTICO GALEGO. NADA SE SABE
🕒 19.00 h – de balde
📍TEATRO COLÓN

Disponible Audiodescrición con reserva previa a través deste enlace: https://docs.google.com/forms/d/1Uf9FlHPFCtzubEawMghaTsVR8Md8GnQwVpSL502Y0mo/edit
Disponible Paseo táctil previo á obra, inscrición neste enlace: https://docs.google.com/forms/d/1i7qSb8xFBw1V3ZtGDJwNlCVsCAObou367myC6sHG2us/edit

27/11

mércores 27 novembro

🎭 FILLAS DE CASSANDRA (concerto en acústico) E CHUNGO PASTEL (concerto)
🕒 20.00 h – de balde
📍CENTRO ÁGORA

Inscrición para as mochilas vibratorias: https://forms.gle/rMQwdS29QtZbPC9K8

29/11

venres 29 novembro

🎭 ROBER PIER E O CORO DIVERSOS FUNCIONAIS. MÚSICAS INCLUSIVAS E PARTICIPATIVAS
🕒 20.00 h – de balde
📍CENTRO CÍVICO OS MALLOS

venres 1 decembro

🎭 CANDILEJAS PRODUCIÓNS: “DUMBO, O MUSICAL”
🕒 18.00 h
📍TEATRO COLÓN

domingo 3 decembro

🎭 XURXO FERNANDES + PAN.SEN.FRON. + VECIÑANZA DE O CAMPANARIO
🕒 19.00 h
📍CENTRO ÁGORA

** Antes do comezo do espectáculo, Os Amigos do Museo de Belas Artes da Coruña estarán co seu Museo Virtual para que as persoas que queiran poidan realizar unha visita 360 a unha das exposicións. A actividade requise inscripción a través do formulario que se pode atopar en www.festigual.gal


ESPECTÁCULOS:

Cerebro, artes, acción

EXPERIMENTADANZA + BANDA MUNICIPAL DA CORUÑA

• mércores 30 outubro
| 12.00 h – espectáculo para centros escolares – centro ágora
| 20.00 h – de balde – centro ágora

CEREBRO, ARTES, ACCIÓN é unha obra de teatro e danza. Conta a historia das neuronas, que son as células do cerebro. A actriz Adriána Paulos fai de varias científicas que explican como funciona o cerebro. A obra mostra que cada cerebro é diferente e especial. Fala da importancia de comprender esas diferenzas.

Música baixo as estrelas

GALA – CONCERTO

• domingo 03 novembro
| 19.00 h – de balde – teatro colón

As artistas de rúa da cidade participan nunha gala especial. O obxectivo é recoñecer ás persoas que poñen música na nosa vida diaria. O Teatro Colón acollerá os ritmos dos músicos callejeros da cidade. Actuarán Sophie Simonds, Pulpiño Viascón, Misuria Blues e Rozadura e Dani Blanco. Presenta Fran Rei e Corina Alfonso. Un espectáculo para todos os públicos.

Explorando o Museo

AMIGOS DO MUSEO DE BELAS ARTES

• xoves 07 novembro
| 18.30 h – previa inscrición neste enlace – centro ágora

Un novo xeito de vivir o Museo. Unha sesión que ofrece un percorrido virtual e inmersivo polas salas de exposición do Museo de Belas Artes. Os participantes poderán moverse libremente por seis salas utilizando lentes VR. Actividade para grupos reducidos. Necesaria inscrición previa.

A proxección sonora III. La fábrica illuminata

ACOCIACIÓN CULTURAL AIS

• xoves 07 novembro
| 19.30 h – de balde – centro ágora

Este espectáculo mestura teatro, música e sons do entorno onde participan máis de 12 persoas, entre elas, 8 con discapacidade auditiva e/ou intelectual. A historia inspírase na obra “La fábrica iluminata” de Luigi Nono. Esta obra didáctica fala da vida do compositor, un dos máis prestixiosos da música contemporánea, a través dos traballadores e traballadoras que reclaman os seus dereitos e dan voz á revolución nas fábricas.

O misterioso Cabaré do Sr. Pilgrim… e freestyle

ASOCIACIÓN CULTURAL POTEN100MOS

• xoves 07 novembro
| 20.00 h – de balde – centro ágora

Facilitarase audiodescrición para persoas cegas. Será necesario levar auriculares propios. Tamén será accesible para persoas xordas a través de lingua de signos e bucle magnético.

Os personaxes están atrapados entre o pasado e o presente. Contan as mesmas historias unha e outra vez. Non saben se están vivos ou mortos. Este espectáculo, presentado pola Asociación Poten100mos, combina teatro, danza e movemento libre. A obra pregúntase: quen poderá escapar?

Graffiti inclusivo

ASOCIACIÓN CULTURAL PARTICIPA

• venres 08 novembro
| 17.00 h – actividade para usuarias de centros sociais – centro amigó os mallos

Este programa socio-comunitario promove a creación conxunta de murais inclusivos por parte de alumnado e persoas usuarias de centros sociais, utilizando o grafiti como ferramenta artística. O obxectivo é fomentar a participación social nun espazo de encontro saudable, destacando a cultura como un motor de cambio individual e colectivo.

Xornada de Arte e Saúde

CONVERSAS, CONFERENCIAS E OBRADOIROS

• sábado 09 novembro
| todo o día – de balde previa inscrición – salón de actos do hospital marítimo de oza

Esta xornada trata sobre o uso da arte para mellorar a saúde e os coidados nos hospitais. Falarase de como a fotografía, a música e a arte axudan a pacientes en psiquiatría e a persoal sanitario a sentirse mellor. Tamén se presentan proxectos de arte para a comunidade e haberá un concerto, exposicións e talleres para aprender máis sobre estas terapias.

Pies de barro

REBECA PONTE E ELVIS GARCÍA

• sábado 09 novembro
| 18.30 h – de balde – salón de actos do hospital marítimo de oza

Unha peza curta de artes escénicas. Unha reflexión sobre como os nosos propios límites, autosabotaxes, traumas e medos nos condicionan no avance dos nosos desexos e nas nosas relacións.

Puños de harina

EL AEDO TEATRO

• xoves 14 novembro
| 12.00 h – espectáculo para centros escolares – centro ágora

| 20.00 h – de balde – centro ágora

Racismo. Homofobia. Violencia. Masculinidade. Este monólogo conta dúas historias en paralelo sobre o boxeo e a cultura xitana. A primeira é de Rukeli, un boxeador xitano-alemán que loitou contra Hitler na Alemaña nazi. A segunda é de Saúl, un mozo xitano dos anos 80 que busca a súa identidade e enfróntase á súa familia. A historia de homes que procuran ser “homes de verdade”.

Nada se sabe

CULTURACTIVA PRODUCIÓNS E CENTRO DRAMÁTICO GALEGO

• domingo 17 novembro
| 19.00 h – de balde – teatro colón

Disponible Audiodescrición con reserva previa a través deste enlace: https://docs.google.com/forms/d/1Uf9FlHPFCtzubEawMghaTsVR8Md8GnQwVpSL502Y0mo/edit
Disponible Paseo táctil previo á obra, inscrición neste enlace: https://docs.google.com/forms/d/1i7qSb8xFBw1V3ZtGDJwNlCVsCAObou367myC6sHG2us/edit

Nada se Sabe é unha obra que reflexiona sobre a exclusión e a discapacidade. A través de textos clásicos como Filoctetes, catro actores revisan como a sociedade non sempre inclúe ás persoas diferentes. A peza destaca a importancia de cuestionar prexuízos e entender a diversidade desde novas perspectivas.

Fillas de Cassandra

CONCERTO EN ACÚSTICO

• mércores 27 novembro
| 20.00 h – de balde – centro ágora

Sara Faro e María Soa son Fillas de Cassandra. Un dúo que tece as súas cancións a través da mestura de diferentes estilos, como o techno e o pop, ou mesmo da música clásica e da tradicional. O seu espectáculo é teatral e fai que o público participe, sempre cunha mirada feminista e actual.

Chungo Pastel

CONCERTO

• mércores 27 novembro
| 20.00 h – de balde – centro ágora

Grupo de música da fundación Igual Arte de pop-rock. Formado por batería, baixo, guitarra eléctrica, teclado e pequena percusión. No seu espectáculo inclúen repertorio propio e versións de cancións ben coñecidas por todas. Ademais, Chungo Pastel e Fillas de Cassandra interpretarán un tema conxunto. Concerto con posibilidade de mochilas vibratorias e LSE.

XV Aniversario da Torre de Hércules Patrimonio da Humanidade

SOCIEDADE FILATÉLICA DA CORUÑA

• dende o mércores 28 novembro ata o domingo 15 de decembro
| de balde – sala municipal de exposicións salvador madariaga

A exposición está organizada co Concello da Coruña para celebrar os 15 anos do nomeamento da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade. A mostra está centrada neste monumento e inclúe coleccións nacionais sobre a Torre de Hércules, os faros e outros monumentos de España que tamén son Patrimonio da Humanidade. Nesta exposición tamén se presentará o proxecto “A miña primeira colección de Selos”.

Músicas Participativas e Inclusivas

ROBER PIER E O CORO DIVERSOS FUNCIONAIS

• venres 29 novembro
| 20.00 h – de balde – centro cívico os mallos

Un concerto semiacústico a cargo de Robert Pier, con guitarra e voz amplificada, xunto co Coro Diversos Funcionais. Haberá unha proxección audiovisual de presentacións sobre os Mantras das Emocións, acompañada de charlas explicativas sobre o seu significado. Robert e persoas con diversidade funcional compartirán as emocións que xorden neste proceso, combinando música e aprendizaxe.

DENDE O 28 DE NOVEMBRO AO 15 DE DECEMBRO:
Exposición ‘XV ANIVERSARIO DA TORRE DE HÉRCULES PATRIMONIO DA HUMANIDADE’ da Sociedade Filatélica da Coruña. Sala Municipal de Exposicións Salvador Madariaga.


ENTIDADES









REBECA PONTE

Rebeca Ponte é unha profesional especializada en arte e saúde. Conduce un proxecto para axudar aos enfermos a expresar os seus sentimentos a través de actividades artísticas. Este ano coordina as III Xornadas de Arte e Saúde presentada pola Unidade de Coidados Paliativos do Hospital de Oza.

EXPERIMENTADANZA

Compañía profesional de danza que nace no ano 2003 baixo a dirección de Carlota Pérez (coreógrafa, bailarina e historiadora da arte). Durante os últimos 15 anos desenvolveu numerosos espectáculos de danza inclusiva e proxectos comunitarios.

ASOCIACIÓN CULTURAL AIS

A Asociación AÏS desenvolve numerosas actividades ao redor da arte e música contemporánea. Estes proxectos interdisciplinares permitiron achegar novas expresións artísticas do século XXI a todos os públicos. O seu buque insignia é o Festival de Música Contemporánea da Coruña RESIS. Un festival e punto de encontro na creación contemporánea máis vangardista.

PONTEN100MOS

Poten100mos traballa xunto as persoas en risco de pobreza e exclusión. Queren brindarlles oportunidades e recursos necesarios que lles permitan participar plenamente na vida económica, social e cultural.  O seu proxecto DiversidArte ten como obxectivo promover o acceso e creación de cultura de todas as persoas.

MÚSICAS PARTICIPATIVAS E INCLUSIVAS TRESXCUATRO

Este proxecto nace da unión da asociación cultural “Tres Por Cuatro” co músico e compositor Robert Pier. A iniciativa xurde como unha evolución do traballo de músicoterapia que Robert Pier soubo adaptar a súa labor profesional na área sanitaria. Utilizan a música para integrar o mundo da cultura e colectivos con diversidade funcional.

AMIGOS DO MUSEO DE BELAS ARTES

A Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes é unha entidade sen ánimo de lucro que apoia e promove as actividades do museo, buscando favorecer a difusión e a valorización do patrimonio artístico. A súa misión inclúe organizar eventos culturais, exposiciones e actividades educativas, así como fomentar a participación da sociedade na vida do museo e impulsar o interés polo arte entre o público.

ASOCIACIÓN PARTICIPA

A Asociación Participa para la Inclusión Social é unha asociación sen ánimo de lucro creada no ano 2003 e declara de Utilidade Pública. Os seus fins son a promoción de mecanismos de participación e inclusión social para persoas que pertenzan a coletivos en situación de desvantaxe por razóns físicas, sociais, étnicas, económicas, culturais e outras de similar natureza a través do fomento de actividades culturais, educativas artísticas físicas e de ocio saludables.

FUNDACIÓN IGUALARTE

A Fundación Igualarte é unha entidade sen ánimo de lucro que promove a inclusión social a través da arte, especialmente para persoas con discapacidade intelectual. O seu obxectivo é facilitar o acceso á formación artística e cultural, permitindo que estas persoas desenvolvan o seu potencial creativo en distintas disciplinas, ao mesmo tempo que buscan a súa integración e visibilización social.

SOCIEDADE FILATÉLICA DA CORUÑA

A Sociedade Filatélica da Coruña é unha entidade sen ánimo de lucro dedicada á promoción e difusión da filatelia e da historia postal. A súa misión consiste en fomentar o interese pola colección de selos e a investigación en torno ao patrimonio filatélico, organizando exposicións, charlas e actividades para socios e o público en xeral, así como promovendo a convivencia entre afeccionados e coleccionistas

FESTIGUAL 2023

MIP + Banda Municipal de Música
Resumo 2023
Xurxo Fernandes e veciñanza do Campanario
Actuación Máscaras, Poten100mos e Aïs
Actuación Experimentadanza + Banda Municipal
Gala Música baixo as estrelas

Queremos un mundo máis xusto, máis igualitario e máis diverso.
QUEREMOS CULTURA • QUEREMOS FESTIGUAL

Organizan:
Colaboran:
Xestiona: