Logotipo Festigual 2022

NOVAS:

Ábrese a VIII Convocatoria ‘Cultura Accesible e Inclusiva 2023-2024’

Esta convocatoria pública en réxime de concorrencia competititva está dirixida a apoiar a entidades que favorezan o acceso igualitario e inclusivo á cultura.

O proxecto da Fundación Emalcsa está desenvolto en colaboración coas entidades culturais xunto coas entidades de persoas con discapacidade que presenten proxectos específicos que teñan algunha das seguintes finalidades:

• Aumentar a accesibilidade a lugares físicos ou virtuais onde se ofrezan representacións ou servizos culturais tales como teatros, useos, cines, bibliotecas, páxinas web ou outros.
• Elaboración de materiais e/ou desenvolvemento de programación e actividades culturais en formatos accesibles.
• Fomentar que as persoas con discapacidade poidan desenvolver e utilizar o seu potencial creativo, artísitico e intelectual, non só no seu propio beneficio senón tamén para o enriquecemento da sociedade.

Para asociacións que:
a) Sexan privadas e sen fin de lucro, e que estean definidas como entidades culturais nos seus estatutos.
b) Teñan sede social no termo municipal de A Coruña.
c) Fomentar que as persoas con discapacidade ou en risco de exclusión poidan desenvolver e utilizar o seu potencial creativo, artístico e intelectual, non só no seu propio beneficio senón tamén para o enriquecemento da sociedade.
d) Elaborar materiais ou desenvolver programación e actividades culturais en formatos accesibles e inclusivos.
e) Promover o acceso das persoas con discapacidade ou risco de exclusión á oferta cultural mediante o establecemento de mecanismos de participación incluídos os tecnolóxicos, ou a facilitación dos recursos de apoio necesarios.
f) Eliminar barreiras de acceso a lugares físicos ou virtuais onde se desenvolvan representacións ou servizos culturais tales como teatros, museos, cines, bibliotecas, páxinas web ou outros.

Podes consultar as bases completas no seguinte enlace: https://fundacionemalcsa.org/wp-content/uploads/2023/05/viii-ccai-23-24_bases-convocatoria_borrador-castellano.pdf

Comezan os preparativos do Festigual 2023

A equipa do Festigual xa está preparándose para esta nova edición. Queremos seguir sacando a cultura á rúa e que sexa accesible para todas as persoas. Por iso, entidades, artistas e equipa técnica estamos xa mans á obra!

Este ano o Festigual traerá moitas novidades. Entre elas un cambio de imaxe. Ademais, estamos preparando unha programación única!

Agardamos por ti na Coruña! Podes ir facendo ganas co video resumo da última edición.

Queremos un mundo máis xusto, máis igualitario e máis diverso.
QUEREMOS CULTURA • QUEREMOS FESTIGUAL

Festigual

3 months 2 weeks ago

↩ Lembranzas #FESTIGUAL2022 | Agora que chega o verán dá gusto escoitar as músicas da rúa, non si? 😎 Aqui traemos un video daquela gala

Festigual

4 months 2 weeks ago

👀 𝐌𝐈𝐑𝐀𝐃𝐀𝐒 𝐃𝐈𝐕𝐄𝐑𝐒𝐀𝐒 𝐀 𝐂𝐎𝐑𝐔𝐍̃𝐀 Porque diversas son as formas de mirar a nosa cidade. 🤜Volven os obradoiros de creación audiovisual en colaboración con APEM

Festigual

5 months 1 week ago

🟢🟦🔶 Deixémonos levar pola #creatividade que no muro caben moitas cores! 🧑🎨👩🎨 Ben o saben os cativos e cativas que estiveron este ano no 'Grafiti

Festigual

5 months 3 weeks ago

🟢🟪🔷 Esta semana celebramos o Día Mundial da Arte. Arte como actividade humana e universal. Arte sen barreras e con infinitas posibilidades. Artes inclusivas. #Festigual

Festigual

5 months 4 weeks ago

🟥🔷🟡 A cultura debe ser inclusiva cada día. E así o reivindicamos ✊ Negus Asc Cult continúa cos obradoiros de #DJInlclusivo que tanto nos fan

Festigual

9 months 4 weeks ago

Onte pechamos o #Festigual por todo o alto 🎶 Foi moi emocionante ver Juan Manuel Montilla (El Langui) onte no Centro Ágora. “El Langui” segue

Festigual

9 months 4 weeks ago

Hoxe é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade e queremos celebralo con todas vós, con toda a xente que traballa día a día por

Festigual is in A Coruña, Spain.

9 months 4 weeks ago

📚🏆 Xa temos relato gañador do I concurso de Contos Agochados do #Festigual! O premio foi para Ana e o seu conto "Estou aquí". Ana

Festigual is in A Coruña, Spain.

10 months 8 hours ago

EL LANGUI en concerto 😎 Pechamos o #Festigual por todo o alto 🎶 José Manuel Montilla, “El Langui”, segue sendo unha das figuras máis populares

Festigual

10 months 1 day ago

😎 Así remataba onte a gala de Música baixo as Estrelas no Teatro Rosalía. Simplemente grazas! [CAST] 😎 Así acababa ayer la gala de Música

logotipo do festigual 2022
Organizan:

Colaboran:

Xestiona: