Que é o Festigual?

Volve o Festigual, o festival de todas. Un proxecto que celebra a súa novena edición mantendo o compromiso coa creación artística que nace desde as marxes, nos espazos onde a arte se converte nunha forma de participación e de encontro. Un festival coas persoas no centro da cultura.

Do 5 ao 28 de novembro, A Coruña volverá ser escenario dun festival que espalla a súa programación por máis dunha ducia de espazos da cidade. A proposta deste ano reúne compañías profesionais e proxectos comunitarios apostando por formatos que amplían os límites da escena e achegan a cultura a todos os públicos.

Ao longo dos anos, o FESTIGUAL – Festival das Artes pola Inclusión e a Diversidade foi medrando en diálogo constante coa cidade, abrindo escenarios, museos, centros sociais e mesmo hospitais a propostas nas que a accesibilidade non era un complemento, senón o punto de partida. E non é casual que este camiño se fixese desde A Coruña: unha cidade vangardista, aberta e comprometida, que asumiu o Festigual como propio e que demostra, edición tras edición, que a cultura pode ser para todas e todos.

O Festigual 2025 consolida un modelo de festival que rompe coas lóxicas normativas da cultura e reivindica a creación como espazo de identidade, diversidade e comunidade. Un proxecto que medra cada ano grazas ás persoas e colectivos que traballan desde o local para construír, entre todas, unha cidade máis aberta, máis creativa e máis igual.

Saúda da Alcaldesa

Inés Rey, Alcaldesa da Coruña.

Como alcaldesa da Coruña e Presidenta da Fundación Emalcsa síntome especialmente orgullosa do traballo que estamos a facer a través do FESTIGUAL, o Festival das Artes pola Inclusión e a Diversidade, un claro referente da cidade que soñamos e construímos todas e todos xuntos.

Un festival que naceu para visibilizar os proxectos das entidades culturais da cidade que traballan coas entidades sociais a través das artes buscando a inclusión e a diversidade. Este espírito colaborativo, e sumamente creativo, é aínda hoxe a esencia do FESTIGUAL que ademais incorpora propostas artísticas de máximo nivel e busca, a súa vez, a promoción de propostas de inclusión e diversidade en redes e circuítos profesionais.

Xa son nove anos rompendo coas trabas que se atopan moitas persoas á hora de crear e construír cultura, nove anos traballando por unha sociedade mellor a través da cultura, esa lingua universal que une pobos, esa ferramenta capaz de adentrarse en calquera persoa. O que naceu como un espazo de convivencia e transformación a rol da inclusión ao redor das artes é hoxe un lugar co acceso á cultura de calquera persoa independientemente das súas capacidades, garantindo a accesibilidade física, sensorial e intelectual. FESTIGUAL é ese punto de encontro que inclúe a todas e a todos que suma A Coruña nesa procura dun mundo máis xusto e sen barreiras.

Durante o mes de novembro A Coruña convértese na capital da inclusión e da diversidade e acolle, nos nosos espazos máis emblemáticos, distintas disciplinas artísticas co propósito de concienciar sobre a urxencia de facilitar espazos nos que todo o mundo poida acceder ás artes e promocionar propostas artísticas creadas por colectivos máis diversos, entendendo sempre a diversidade como unha riqueza indispensable dunha sociedade avanzada.

Gracias tamén aos nosos colaboradores, a Deputación da Coruña, a Fundación María José Jove e Vegalsa, por sumarvos a unha aposta tan ambiciosa e de cidade.

Convídovos a todas e a todos a participar do FESTIGUAL da Coruña.

PROGRAMACIÓN 2025

todos os espectáculos son de balde

05/11

mércores 05 novembro

🎭 GALA MÚSICA BAIXO AS ESTRELAS. MÚSICAS DA CIDADE: FRAN REI, CORINA ALFONSO, SOPHIE SIMONDS, KREZE, MANU NEW ORLEANS BAND, MAGO TETO, ASOC. E CULTURAL AÏS
🕒 20.30 h – de balde ata completar capacidade – Interpretación en LSE
📍TEATRO COLÓN

07/11

venres 07 novembro

🎭 O PEQUENO PONI. REDRUM TEATRO
🕒 11.30 h – espectáculo para centros escolares
📍CENTRO ÁGORA

🕒 20.30 h – de balde ata completar capacidade
📍CENTRO ÁGORA

08/11

sábado 08 novembro

🎭 VISITA GUIADA A CARREIROS SEN NÉBOA
🕒 11.00 h – de balde con inscrición previa: https://forms.gle/AmgjvawApdP1MpjX6
📍CASA MUSEO MARÍA PITA

🎭 DANZATERAPIA EN FAMILIA. ONG ¿POR QUÉ NO?
🕒 17.00 h – de balde con inscrición previa: https://i.gal/DanzaterapiaXQN
📍FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE

🎭 FREESTYLE PEOPLE EN PURE FREE. POTEN100MOS e (S8) MOSTRA INTERNACIONAL DE CINEMA PERIFÉRICO
Con visuais resultantes do proxecto Xpresa do festival (S8)
🕒 20.00 h – de balde ata completar capacidade
📍FÓRUM METROPOLITANO

11/11

martes 11 novembro

🎭 MIP, MÚSICAS INCLUSIVAS E PARTICIPATIVAS. MANTRAS DAS EMOCIÓNS
🕒 11.30 h – de balde ata completar capacidade
📍COLEXIO GRANDE OBRA DE ATOCHA

13/11

xoves 13 novembro

🎭 DE CORPO E PALABRA. EXPERIMENTADANZA, SU GARRIDO POMBO,BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DA CORUÑA, ANDREA NUNES E EVA VEIGA
🕒 11.30 h – espectáculo para centros escolares con inscrición previa: https://forms.gle/d5knP7h9GQSFvyNh7
📍CENTRO ÁGORA

🕒 20.30 h – de balde ata completar capacidade
📍CENTRO ÁGORA

14/11

venres 14 novembro

🎭 PODEMOS VOLAR SIN ALAS
🕒 11.30 h espectáculo para centros escolares
📍FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE

15/11

sábado 15 novembro

🎭 EVENTO VERMUIGUAL
🕒 de 12.00 h a 18.00 h – de balde
📍LA BARRA (Rúa Juan XXIII, 10)

19/11

mércores 19 novembro

🎭 EXPLORANDO O MUSEO. AMIGOS DO MUSEO DE BELLAS ARTES
🕒 11.30h – Actividade para pacientes en pranta
📍HOSPITAL DE OZA

2/11

xoves 20 novembro

🎭 DE TU A TU. COLLECTIU MUR
🕒 20.30 h – de balde ata completar capacidade
📍TEATRO ROSALÍA

Visita táctil ao escenario previa á función (20:00h). Inscrición aqui

22/11

sábado 22 novembro

🎭 XORNADA ARTE E SAÚDE. ASOC. VITA CAELI – REBECA PONTE

Consulta o programa completo

Esta xornada conta co apoio da Área Sanitaria da Coruña e Cee
🕒 Toda a xornada – de balde con inscrición previa: https://i.gal/XornadaArteESaude
📍HOSPITAL MARÍTIMO DE OZA (SALÓN DE ACTOS)

🎭 VISITA GUIADA A CARREIROS SEN NÉBOA
🕒 11.00 h – de balde con inscrición previa: https://forms.gle/rCVUBuzJ5BGdBMz69
📍CASA MUSEO MARÍA PITA

26/11

mércores 26 novembro

🎭 YERMA. NOITE DE BOHEMIA.
🕒 Público interno
📍CENTRO PENITENCIARIO DE TEIXEIRO

28/11

venres 28 novembro

🎭 POSTCROSSING. SOCIEDADE FILATÉLICA A CORUÑA
🕒 17:00h – de balde con inscrición previa: https://forms.gle/wK1YXVjPCDJS8tgQ9
📍SALA DE EXPOSICIÓNS MUNICIPAL SALVADOR DE MADARIAGA

🎭 CONCERTO: LOVISMO. A BANDA DA LOBA
🕒 20.30 h – de balde
📍CENTRO ÁGORA

*Interpretación en LSE e mochilas vibratorias

mércores 26 novembro

🎭 YERMA. NOITE DE BOHEMIA.
🕒 espectáculo para internos
📍CENTRO PENITENCIARIO DE TEIXEIRO

venres 28 novembro

🎭 POSTCROSSING. SOCIEDADE FILATÉLICA DA CORUÑA
🕒 17.00 h – de balde con inscrición previa: https://i.gal/Postcrossing
📍SALA DE EXPOSICIÓNS MUNICIPAL SALVADOR DE MADARIAGA

🎭 CONCERTO: LOVISMO. A BANDA DA LOBA
🕒 20.30 h – de balde ata completar capacidade – Interpretación en LSE – mochilas vibratorias
📍CENTRO ÁGORA

venres 1 decembro

🎭 CANDILEJAS PRODUCIÓNS: “DUMBO, O MUSICAL”
🕒 18.00 h
📍TEATRO COLÓN

Do o 06 ata o 29 de novembro:
Ciclo de Cine: UN PLANO DIFERENTE | Xoves e venres: 20.00 h – sábados: 17.30 h e 20.00 h | Sala Fernando Rey

06, 07 e 08 novembro – “Intocable” + Curtamentraxes “Miradas Diversas”
13, 14 e 15 novembro – “Olvido y León” + Curtamentraxes “Miradas Diversas”
20, 21 e 22 novembro – “O home e o can” + Curtamentraxes “Miradas Diversas”
27, 28 e 29 novembro – “Sorda” + Curtamentraxes “Miradas Diversas”

Do o 07 ata o 29 de novembro:
Exposición: CARREIROS SEN NÉBOA | de martes a sábado: de 10.00 h a 13.00 h e de 17.00 h a 20.00 h. Visitas guiadas: 11.00 h | Casa Museo María Pita
Do o 27 de novembro ata o 15 de decembro:
Exposición: 150 ANIVERSARIO DA LIÑA FÉRREA A CORUÑA – LUGO | de luns a venres: de 08.00 h a 21.00 h e sábados: 09.00 h a 14.00 h e de 17.00 h a 21.00 h | Sala de Exposicións Municipal Salvador de Madariaga

ESPECTÁCULOS:

Ciclo de cine: Un plano diferente

06, 07 e 08 novembro – “Intocable” + Curtamentraxes “Miradas Diversas”
13, 14 e 15 novembro – “Olvido y León”+ Curtamentraxes “Miradas Diversas”
20, 21 e 22 novembro – “O home e o can”+ Curtamentraxes “Miradas Diversas”
27, 28 e 29 novembro – “Sorda”+ Curtamentraxes “Miradas Diversas”

| Xoves e venres: 20.00 h – sábados: 17.30 h e 20.00 h

– Sala Fernando Rey

A Sala Fernando Rey acolle o ciclo “Un plano diferente”, unha programación de cinema que convida a mirar doutro xeito. Durante o mes de novembro proxectaranse “Intocable”, “Olvido y León”, “O home e o can” e “Sorda”. Cada sesión inclúe tamén unha curtametraxe de Miradas Diversas, proxecto colaborativo de ALBATROS con usuarias de APEM e Aspronaga que retrata a vida cotiá da Coruña a través do audiovisual.

Carreiros sen néboa

NÓS, WHY NOT?

• do 07 ao 29 novembro
| de luns a venres: de 08.00 h a 21.00 h e sábados: 09.00 h a 14.00 h e de 17.00 h a 21.00 h – de balde – Casa Museo María Pita

| VISITAS GUIADAS:
8 novembro ás 12.00 h
– 22 novembro ás 11.00 h

Carreiros sen néboa amosa como a fotografía pode ser ferramenta de comunicación e inclusión. As súas autoras, todas con discapacidade intelectual —unha delas cega de nacemento—, convidan a percorrer imaxes que rompen prexuízos e barreiras. Cada obra é un testemuño persoal, entre a busca de instantes únicos, a exploración sensorial da cor ou o traballo en proxectos colectivos.

150 Aniversario da liña férrea A Coruña – Lugo

SOCIEDADE FILATÉLICA DA CORUÑA

• do 27 de novembro ao 15 de decembro
| de luns a domingo de 12.00 h a 14.00 h e de 18.00 h a 21.00 h – de balde – Sala de Exposicións Municipal Salvador de Madariaga

Unha exposición filatélica que pretende conmemorar o 150 aniversario da inauguración en 1850 da liña férrea entre A Coruña e Lugo. Este tramo converteuse na primeira parte do que posteriormente sería o tren a Madrid.

Visita exposición Wonderland

Fundación Marta Ortega Pérez

25, 26 e 27 de novembro

A Fundación Marta Ortega Pérez acolle Wonderland, unha das exposicións máis destacadas do ano, que achega por primeira vez a España o universo creativo de Annie Leibovitz. A mostra, situada no Centro MOP do Muelle de Batería da Coruña, reúne máis de cen fotografías e instalacións de vídeo que percorren as distintas etapas da súa carreira, desde os primeiros traballos documentais ata as súas icónicas imaxes para o mundo da moda (Vanity Fair, Rolling Stone…)
O público poderá participar en visitas guiadas inclusivas os días 25, 26 e 27 de novembro, pensadas para facer accesible a experiencia a todas as persoas, independentemente das súas capacidades.

Música baixo as estrelas

GALA – CONCERTO

• mércores 05 novembro
| 20.30 h – Entrada de balde ata completar capacidade – Teatro Colón

| Interpretación en LSE

Música baixo as estrelas traslada ao teatro o espírito da rúa. Unha gala presentada por Fran Rei e Corina Alfonso que reúne a Sophie Simonds, Kreze, Manu New Orleans Band, Asociación AÏS e o Mago Teto. Un encontro para descubrir artistas que forman parte da vida cotiá, pero que adoitan quedar fóra dos escenarios convencionais. Unha cita con moito humor, música e retranca.

O pequeno poni

REDRUM TEATRO

• venres 07 novembro
| 11.30 h – espectáculo para centros escolares – Centro Ágora

| 20.30 h – de balde ata completar capacidade – Centro Ágora

Luismi, un neno de dez anos, sofre acoso escolar por levar unha mochila da súa serie favorita, O meu pequeno poni. Inspirada en feitos reais, a obra de Paco Bezerra aborda a violencia, os prexuízos e o medo, pero tamén a liberdade e a diferenza. Un retrato descarnado e necesario sobre aceptar ao propio fillo e sobre a responsabilidade das familias e da sociedade na loita contra o acoso.

Danzaterapia en familia

ONG ¿POR QUÉ NO?

• sábado 08 novembro
| 17.00 h – de balde con inscrición previa: https://i.gal/DanzaterapiaXQNFundación María José Jove

Unha actividade aberta a todas as idades, de 0 a 99 anos. Un espazo para explorar o corpo a través da danza, acompañados de música e materiais que invitan a xogar e moverse. Un encontro pensado para gozar en familia, compartir tempo xuntos e descubrir novas formas de expresión corporal.

Carreiros sen néboa

VISITA GUIADA. NOS, WHY NOT?

• sábado 08 novembro
| 11.00 h – de balde con inscrición previa: https://forms.gle/AmgjvawApdP1MpjX6 Casa Museo María Pita
• sábado 22 novembro
| 11.00 h – de balde con inscrición previa: https://forms.gle/rCVUBuzJ5BGdBMz69 Casa Museo María Pita

Carreiros sen néboa amosa como a fotografía pode ser ferramenta de comunicación e inclusión. As súas autoras, todas con discapacidade intelectual —unha delas cega de nacemento—, convidan a percorrer imaxes que rompen prexuízos e barreiras. Cada obra é un testemuño persoal, entre a busca de instantes únicos, a exploración sensorial da cor ou o traballo en proxectos colectivos.

Freestyle People en Pure Free.
“Con visuais resultantes do proxecto Xpresa do festival (S8)”

POTEN100MOS

• sábado 08 novembro
| 20.00 h – de balde ata completar aforo – Fórum Metropolitano

Unha hora de cultura urbana con freestyle, percusión e moita enerxía en directo. Rimas improvisadas, ritmos tribais coa Banda DiversidArte e un gran peche colectivo con artistas convidadas de Gallos del Norte que converterán o escenario nun estoupido de enerxía e talento urbano.

Mantras das emocións

MIP, MÚSICAS INCLUSIVAS PARTICIPATIVAS

• martes 11 novembro
| 11.30 h – de balde ata completar capacidade – Colexio Grande Obra de Atocha

Un concerto semiacústico a cargo de Robert Pier, con guitarra e voz amplificada, xunto co Coro Diversos Funcionais. Haberá unha proxección audiovisual de presentacións sobre os Mantras das Emocións, acompañada de charlas explicativas sobre o seu significado. Robert e persoas con diversidade funcional compartirán as emocións que xorden neste proceso, combinando música e aprendizaxe.

De corpo e palabra

EXPERIMENTADANZA, SU GARRIDO POMBO,BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DA CORUÑA, ANDREA NUNES E EVA VEIGA

• xoves 13 novembro
| 11.30 h – espectáculo para centros escolares con inscrición previa: https://forms.gle/d5knP7h9GQSFvyNh7 – centro ágora

| 20.30 h – de balde ata completar capacidade – centro ágora

De corpo a palabra é unha peza de danza-teatro que mestura música en directo, poesía e movemento. A partir de textos de poetas como Rosalía de Castro, Xela Arias ou Lorca, e de creacións de artistas con e sen diversidade, a escena énchese de voces, corpos e sonoridades. Un proxecto que busca unha nova linguaxe entre danza e palabra, con participación de Su Garrido, Mercedes Peón e Cibrán Seixo.

Podemos volar sin alas

CRIS DE MIGUEL

• venres 14 novembro
| 11.30 h – espectáculo para centros escolares con inscrición previa: https://forms.gle/faySq7N5hpLxh8mH – Fundación María José Jove

Podemos volar sin alas é un espectáculo poético de monicreques que celebra a diversidade e o poder dos soños. A protagonista, a Princesa Tetê, é unha moza en cadeira de rodas que soña con voar e descubrir o mundo. Creado e interpretado por Cris de Miguel, combina narracións multiculturais, música en vivo e técnicas como kamishibai ou teatro de sombras para transmitir unha mensaxe de inclusión e esperanza.

Vermuigual

NEGUS

• sábado 15 novembro
| de 12.00 h a 18.00 h – de balde – La Barra (Rúa Juan XXIII, 10)

Música pinchada en directo para gozar dun sábado especial con temazos de diferentes estilos e épocas. O ambiente correrá a cargo dos DJs do proxecto DJ Inclusivo, que subirán á cabina para facer bailar a todo o mundo xunto con outros DJs referentes da cidade.

De tu a tu

COLLECTIU MUR

• xoves 20 novembro
| 20.30 h – de balde ata completar capacidade – Teatro Rosalía

Visita táctil ao escenario previa á función. Inscrición en https://forms.gle/35jCwLdZrE9NpmGK7

¿Qué sucede cuando dos personas, sin prejuicios, se encuentran solas? De tu a tu explora esa intimidade a través de acrobacias con patíns, clowns, bicicletas acrobáticas, malabares con beatbox ou diálogos cheos de humor. Un espectáculo dirixido por Nacho Flores que amosa a verdade, o xogo, a complicidade e a confianza como parte dun gran bosque compartido de emocións.

Xornada de Arte e Saúde

ASOC. VITA CAELI – REBECA PONTE

• sábado 22 novembro. toda a xornada
| de balde con inscrición previa: https://i.gal/XornadaArteESaúde

Hospital Marítimo de Oza (Salón de Actos)

As Xornadas de Arte e Saúde volven un ano máis dentro do Festigual para poñer en valor o papel das artes terapéuticas no ámbito sanitario. A cita reunirá profesionais e proxectos que aplican a creación artística á investigación, á humanización hospitalaria ou á saúde comunitaria.

Programa completo aqui

Yerma

NOITE DE BOHEMIA

• mércores 26 novembro
| espectáculo para internos – Centro Penitenciario de Teixeiro

Yerma, de Federico García Lorca, é unha traxedia sobre a esterilidade, a represión e a loita desesperada por un soño imposible. A protagonista enfróntase á fatalidade nunha espiral de dor que culmina nun destino tráxico. Este novo montaje contemporáneo pon o foco na dureza da vida das mulleres a comezos do século XX e nos silencios impostos pola sociedade.

Postcrossing

SOCIEDADE FILATÉLICA DA CORUÑA

venres 28 novembro
| 17.00 h – de balde con inscrición previa: https://i.gal/PostcrossingSala de Exposicións Municipal Salvador de Madariaga

O postcrossing é unha rede global que conecta a milleiros de persoas mediante o envío de postais físicas. Participar é moi sinxelo: envías unha tarxeta e recibes outra desde calquera parte do planeta. A través deste xogo de intercambio créanse lazos inesperados, compártense historias e fórmanse pequenas pontes culturais que nos lembran o valor de comunicarnos máis alá das fronteiras.

Banda da Loba

CONCERTO – LSE – MOCHILAS VIBRATORIAS

A Banda da Loba presenta Lovismo, xira que leva ao directo o seu último disco (2025). Un espectáculo que percorre diferentes formas de amor a través da bachata, o pop ou a música disco, sen perder a súa identidade literaria e reivindicativa. Un concerto que é tamén declaración: amor como fío vermello, como canto e como transformación. Un concerto que subirá ao escenario a moitas convidadas!

• venres 28 novembro
| 20.30 h – de balde ata completar capacidade – Centro Ágora

| Interpretación en LSE – MOCHILAS VIBRATORIAS



ENTIDADES









ASOCIACIÓN VITA CAELI

Vita Caeli é unha asociación dedicada a promover a creatividade como ferramenta para a transformación social. Desenvolve proxectos de formación, intercambio artístico e sensibilización que fomentan o coñecemento e a práctica das artes e a música. Tamén promove actividades de arte e musicoterapia en entornos hospitalarios e apoia iniciativas ambientais vinculadas á arte e á cultura.

EXPERIMENTADANZA

Compañía profesional de danza que nace no ano 2003 baixo a dirección de Carlota Pérez (coreógrafa, bailarina e historiadora da arte). Durante os últimos 15 anos desenvolveu numerosos espectáculos de danza inclusiva e proxectos comunitarios.

PONTEN100MOS

Poten100mos traballa xunto as persoas en risco de pobreza e exclusión. Queren brindarlles oportunidades e recursos necesarios que lles permitan participar plenamente na vida económica, social e cultural.  O seu proxecto DiversidArte ten como obxectivo promover o acceso e creación de cultura de todas as persoas.

SOCIEDADE FILATÉLICA DA CORUÑA

A Sociedade Filatélica da Coruña é unha entidade sen ánimo de lucro dedicada á promoción e difusión da filatelia e da historia postal. A súa misión consiste en fomentar o interese pola colección de selos e a investigación en torno ao patrimonio filatélico, organizando exposicións, charlas e actividades para socios e o público en xeral, así como promovendo a convivencia entre afeccionados e coleccionistas

NOS WHY NOT?

É unha asociación sen ánimo de lucro que traballa a través da fotografía “profesional” para a inclusión social e profesional de persoas con discapacidade intelectual. Facilitan a formación en fotografía e buscan ou crean as condicións necesarias para que os fotógrafos con discapacidade practiquen a fotografía.

Creouse a primeira axencia para fotógrafos con discapacidade intelectual.

NEGUS

Asociación Cultural Negus xorde no ano 2001 para achegar “a cultura dos pobos”, tal e como o denomina a organización, a través da música e doutras manifestacións artísticas. O seu principal obxectivo consiste en promover e difundir a cultura nun sentido amplo, ofrecento espazos á artesanía, á pintura, á danza e á música.

ONG ¿POR QUÉ NO?

A ONG promove un modelo de desenvolvemento humano autónomo e sostible, centrado na igualdade, a xustiza social e o respecto ao medio ambiente. Defende o protagonismo das organizacións locais e a participación cidadá, combatendo a pobreza e a discriminación. O seu labor busca construír unha sociedade máis equilibrada, solidaria e con iguais oportunidades para todas as persoas.

ASOCIACIÓN AÏS

A Asociación AÏS desenvolve numerosas actividades ao redor da arte e música contemporánea. Estes proxectos interdisciplinares permitiron achegar novas expresións artísticas do século XXI a todos os públicos. O seu buque insignia é o Festival de Música Contemporánea da Coruña RESIS. Un festival e punto de encontro na creación contemporánea máis vangardista.

ROBERT PIER

Este proxecto nace da unión da asociación cultural “Tres Por Cuatro” co músico e compositor Robert Pier. A iniciativa xurde como unha evolución do traballo de músicoterapia que Robert Pier soubo adaptar a súa labor profesional na área sanitaria. Utilizan a música para integrar o mundo da cultura e colectivos con diversidade funcional.

AMIGOS DO MUSEO DE BELAS ARTES

A Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes é unha entidade sen ánimo de lucro que apoia e promove as actividades do museo, buscando favorecer a difusión e a valorización do patrimonio artístico. A súa misión inclúe organizar eventos culturais, exposiciones e actividades educativas, así como fomentar a participación da sociedade na vida do museo e impulsar o interés polo arte entre o público.

(S8) MOSTRA INTERNACIONAL DE CINEMA PERIFÉRICO

Seguindo o espírito da (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico, que entende o cinema como unha ferramenta de autocoñecemento e exploración dos sentidos e das emocións, nace o obradoiro Xpresa: un espazo que, máis alá de achegar un proceso de creación tradicional a persoas con capacidades diversas ou en risco de exclusión social, lles ofrece un mecanismo para experimentar e expresar as súas propias capacidades a través da creación libre e estimulante de pezas cinematográficas persoais, feitas dende os sentidos e dende a intuición previa ao aprendido.

INTERSECCIÓN – FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE A CORUÑA

Miradas Diversas, programa de INTERSECCIÓN – Festival Internacional de Cine de A Coruña, é unha iniciativa que emprega o cinema como ferramenta de inclusión e participación social. A través de obradoiros colaborativos, persoas con diferentes capacidades e contextos exploran a linguaxe audiovisual para expresarse e crear colectivamente, achegándose á súa contorna e ás súas experiencias vitais dende unha mirada artística, libre e sensorial.

FUNDACIÓN MARTA ORTEGA PÉREZ

A Fundación Marta Ortega Pérez (Fundación MOP) foi constituída no ano 2022. O seu proxecto, que xira arredor da celebración de exposicións de primeiro nivel, está estruturado sobre tres piares: A Coruña, a fotografía e a moda.

FESTIGUAL 2024

Resumo da edición 2024
Fillas de Cassandra e Chungo Pastela
Puños de Harina
Música baixo as estrelas
Experimentadanza e Banda Municipal de Música
Nada se sabe
A proxección sonora III
O misterioso Cabaré do Sr. Pilgrim

FESTIGUAL 2023

MIP + Banda Municipal de Música
Resumo 2023
Xurxo Fernandes e veciñanza do Campanario
Actuación Máscaras, Poten100mos e Aïs
Actuación Experimentadanza + Banda Municipal
Gala Música baixo as estrelas

Queremos un mundo máis xusto, máis igualitario e máis diverso.
QUEREMOS CULTURA • QUEREMOS FESTIGUAL

Organiza:
Colaboran:
Xestiona: